Alejandro Lorenzo “Caroca”

Candidato á alcaldía do Porriño

Leva moito máis dunha década preparándose para asumir a responsabilidade de facer medrar ao Porriño. Durante a súa traxectoria na política soubo sempre estar no seu lugar, que é o traballo. Tanto como concelleiro como na oposición, conseguiu estar coa xente do Porriño, unir as parroquias co centro e escoitar as necesidades da veciñanza; porque Alejandro Lorenzo está capacitado para levar ao Porriño a mellor.

Facer medrar ao Porriño é ter ideas, planificalas e dotalas para que sexan viables. Facer proxectos reais que se poidan asumir económicamente e nos tempos adecuados. Por iso o programa de Alejandro organizarase en curto, medio e longo prazo. A súa experiencia na xestión fai que saiba perfectamente o que require levar a cabo unha idea. Materializar os proxectos é unha árdua tarefa que require de traballo diario sen présas de última hora.

Alejandro Lorenzo coñece as parroquias e non só polo nome ou por fotografía, senón porque está nelas, nas súas actividades e coas súas xentes. Apoiando, antes e agora, acompañando e escoitando para comprender o que é vivir nunha parroquia e as súas necesidades. Sempre reclamadas, pero nunca atendidas. Respecta as tradicións e sabe que poden convivir coas innovacións, ten unha alta sensibilidade polo medio e pola natureza que lle fai pensar na faceta ambiental de todos os proxectos que quere levar a cabo.

Por iso é tan necesario medrar equilibradamente e reconstruír o territorio para poder vivir ademais de traballar aquí. 

O noso candidato é unha persoa próxima, honesta e auténtica, como demostra cada día traballando tamén como alcalde pedáneo de Chenlo desde o ano 2007. Aclamado polos veciños nos seus labores como concelleiro de Emprego, Formación, Festas, Deporte e Novas Tecnoloxías. Creando actividades, eventos e encontros que aínda se celebran hoxe en día.

“Volver reconstruír O Porriño”

Despois destes últimos 4 anos perdidos, tirados ao lixo, está nas nosas mans volver reconstruír O Porriño. Porque queremos vivir a nosa vila, queremos recoller a riqueza que se xera no noso territorio, co noso traballo e poder invertila en melloras que repercutan en elevar a calidade de vida da veciñanza.

Queremos facer vida no Porriño: ter boas estradas, infraestruturas de calidade, un saneamento para todas as persoas e tamén gozar de zonas de lecer; acceso á oferta cultural, sen ter que ir fóra do noso municipio e fortalecer aínda máis aos nosos clubs deportivos, que levan o nome do Porriño con orgullo fóra do noso territorio.

Todo isto conséguese non só coa industria senón coa activación do comercio e da hostalería, para que todas as persoas do Porriño queiran facer vida aquí. Porque vivir no Porriño é un orgullo para nós, queremos levar ao Porriño a mellor, creando un núcleo urbano con oferta cultural, lúdica, comercial e gastronómica que poidan gozar as familias, as persoas maiores, as persoas con discapacidade e tamén as que viven nas parroquias.

Alejandro Lorenzo xunto ao Templete do arquitecto porriñés Antonio Palacios

Contacta co candidato

Teléfono: 620 46 46 46
Email: 
alejandro.lorenzo@empuxe19.com

   

 

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>