Con máis de 700.000 afiliados, o Partido Popular é a organización política con maior base social de España. Na provincia de Pontevedra, esta formación é tamén a primeira forza política, aglutinando baixo as súas siglas a máis de 33.000 afiliados. No Porriño, con máis de 600 afiliados, o Partido Popular é tamén a primeira forza política municipal.

 

Requisitos

 

Para afiliarse ao Partido Popular é preciso cumprir os seguintes requisitos:

  • Ser maior de idade.
  • Ser español ou cidadán dalgún país da Unión Europea residente en España
  • Non militar en ningún outro partido, salvo no caso dos residentes no extranxeiro ou no dos cidadáns doutros países da UE, que poderán estar afiliados a partidos do seu país sempre e cando estes sexan afíns ao Partido Popular.
  • Coñecer e asumir os Estatutos do partido, así como os seus principios de actuación.
  • Cubrir a ficha de afiliado e presentala na sede do partido da localidade na que estea establecida a residencia da persoa que quere afiliarse.
  • Ter o aval de dúas persoas que xa sexan afiliados do partido.

Como afiliarse

 

Para afiliarse ao Partido Popular, é preciso presentar unha solicitude de afiliación por escrito e segundo o modelo aprobado polo Comité Executivo Nacional (que poderá descargarse desta páxina web) asinada por quen desexa afiliarse e máis por outros dous militantes do partido que lle servirán de aval.

Unha vez cuberta, a solicitude presentase na sede local e será o Comité Executivo Provincial quen resolva sobre a procedencia ou denegación da admisión como afiliado do partido en calquera das súas dúas modalidades  (militante ou simpatizante):

 

Ficha de Afiliación ordinaria: Para os residentes en España maiores de 18 anos.

Ficha de afiliación a Novas Xeracións: Para os mozos residentes en España de entre 18 e 28 anos.

Ficha Afiliación con domicilio censal: Para os españois residentes no extranxeiro.

 

 

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>