As facturas rexeitadas e as “do caixón”  por traballos prestados sumarían xa os 5.000.000 de euros

O Grupo Municipal do Partido Popular convocará un pleno extraordinario solicitando a comparecencia da Alcaldesa e dos concelleiros implicados

O Porriño, 4 de marzo de 2019.- A empresa encargada da recollida de basura ven de cumplir a súa advertencia de suspensión de servizo como consecuencia de máis de dous anos de impagos.

O Concello do Porriño arrastra unha débeda co grupo empresarial que supera xa o millón de euros, non só pola recollida e transporte de resíduos urbanos nas parroquias, polígonos industriais e casco urbano, senón por outros traballos realizados para o Concello como a instalación dunhas barandillas en Cans, Pontenova e Mosende, ou a disposición dos contenedores do lixo, papeleiras e pipicans; todos eles prestados sen contrato ou sen partida orzamentaria,  que tampouco foron abonados.

Cabe destacar que a facturación desta empresa, que prestaba o servizo dende xaneiro de 2017, foi rexeitada de maneira sistemática pola coalición PSOE-UDDL, tachando o conforme inicial do concelleiro delegado facendoas desaparecer da contabilidade municipal. Facturación que debería ser aboadas mediante o correspondente decreto por parte deste Goberno Municipal, xa que a maioria delas, a pesares de non ter contrato algún,si contan con partida orzamentaria.

“Como vimos denunciando existen centos de facturas rexeitadas polo Goberno  Municipal coma estas, por un importe que ascendería xa a 5 millóns de euros”, apunta o presidente dos populares, Alejandro Lorenzo, .”A débeda que arrastramos por esas facturas que están “no caixón” sigue engordando. As empresas e autónomos que prestaron servizos ao Concello continúan sen cobrar pola irresponsabilidade dun Goberno que se nega a dar explicacións e intenta responsabilizar á oposición da súa xestión, que como estamos a ver acarrea graves consecuencias non só para os empresarios e os seus empregados que se quedan sen traballo, senón para toda a cidadanía do Porriño “.

Ausencia de contrato, exceso de importe contratado ou imposibilidade de contratación, sonalgúns dos motivos que a Alcaldesa e os seus concelleiros esgrimían para non aboar estespagos, comunicando ás empresas afectadas a devolución de ditas facturas. A rexedora ainda vai máis lonxe no seu intento de ocultar a realidade deste desastre económico, sinalando que as facturas non se pagan por culpa oposición, concretamente do PP, cando a realidade é que foron rexeitadas polo Goberno Municipal e nunca foron a pleno. A competencia para abonar estes pagos é da Alcaldesa.  A prestación destes servizos, a execución destas obras ou a entrega e instalación destessubministros son demostrables, sendo público e notorio, existindo partes dos encargadosmunicipais e téndose publicado incluso en diferentes medios de comunicación a través denotas de prensa remitidas dende a propia Alcaldía.

A modo de exemplo, o caso da Piscina Municipal . A empresa realiza un servizo mensualque leva anos prestando, polo cal o Concello ingresa na súa conta o diñeiro dasTaxas Municipais polo uso da piscina (do mesmo xeito que se ingresan pola recollida de basura). A empresa encargada do servizo presenta asfacturas e o Goberno Municipal non as conforma e rexeita por ausencia de contrato.A debandita empresa, que en 2017 presentou o Contencioso 99/2017 XulgadoContencioso Administrativo Nº2 de Pontevedra para que se lle abonaran as facturaspendentes, non cobra polos seus servizos dende abril de 2017 e se lle adeudan uns420.000 euros.

Os populares, que xa puxeron estes feitos en coñecemento dos órganos competentes, reiteran que se trata dunha práctica xa habitual dun Goberno Municipal que esquiva a fiscalización da facturación do Concello eludindo a toda costa a súaresponsabilidade e solicitan a comparecencia en pleno da Alcaldesa, Eva García, e dos concelleiros implicados para dar conta do procedemento seguido para o impago ou devolución desta facturación, ante o resto de forzas políticas e ante os veciños e veciñas do Porriño que pagan as taxas para que  se preste este servizo. Solicitarán tamén que se desglose toda a facturación rexeitada e se de conta da débeda real e dé as pertinentes explicaciónsás empresas e autónomos damnificados.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>