O Porriño, 25 outubro de 2018.- Nunha sala abarrotada por máis de 850 persoas, Alejandro  Lorenzo foi ratificado onte, cunha gran ovación dos presentes, como candidato do Partido Popular á alcaldía do Porriño nas próximas eleccións municipais do 26 de Maio de 2019.

Foi un acto fóra dos clásicos estereotipos, e no que os mozos -moi numerosos-, tiveron gran protagonismo. A banda sonora con Queen, David  Gheta e Lady  Gaga cantando o tema titulado ‘Alejandro’, deu paso á parte política co preludio musical de Antonio Barros -gañador do concurso televisivo  Recantos-, interpretando en directo ‘ Miña Terra  Galega’.

O candidato do PP ás eleccións municipais de 2019 en Porriño, Alejandro  Lorenzo, comprometeuse  “a encher Porriño de novas empresas”, se gaña as eleccións en maio do ano próximo.  Mostrouse moi ilusionado co proxecto e lembrou aos alcaldes que ” fixeron grandes  cousas” en Porriño como José Manuel Barros e  Nelson Santos, cunha gran capacidade de traballo. Púxose como reto “partirse a cara” por cada unha das parroquias, por Porriño, apostando pola cultura, o deporte e a promoción do emprego. ” Temos que volver traer empresas para Porriño…”, sinalou.


Nun salón cheo ata os topes e ante un candidato que expresou o seu agradecemento a todos, o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, interveu para poñer en valor o traballo de Alejandro  Lorenzo e pedir compromiso, traballo, e seguir escoitando aos veciños de Porriño que se merecen un  Concello que atenda as súas demandas. “Vimos  dunha  lexislatura de  desencontros entre vos partidos e  nós  temos que ser un punto de  encontro para todos  aqueles que  xa están  cansos disto”. Apuntou, que se espera moito máis dos populares que dos  demas “ isto  non  é  inxusto,  senón  unha honra e  unha  responsabilidade”. Por iso e porque despois de máis de tres anos os porriñeses xa non esperan nada do  Concello, o PP debe dar unha resposta á altura, escoitando,  achegando solucións “e estando  aí  sempre”, rematou entre aplausos

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>