A avoa centenaria de Mosende soplou onte as velas rodeada dos seus. M. Alejandro Lorenzo celebrou con Carmen o seu aniversario e obsequiouna cun fermoso ramo de flores

13 de decembro de 2018.-  Cumprir máis dun século de vida e facelo ao calor dos teus é un feito sen dúbida para celebrar por todo o alto. Ese é o caso da veciña de Mosende, Carmen Leiras Carrera, que onte soplou as 107 velas rodeada de todos os seus seres queridos.

Con motivo do seu cumpreanos a súa familia organizou unha gran festa que foi toda unha sorpresa para ela. Vestindo as súas mellores galas, lucindo un fermoso broche confeccionado por ela mesma e ese brillo nos ollos de quen se sabe querida, Carmen, quen a pesar da súa avanzada idade goza dunha saúde envidiable, festexou toda unha vida. Xunto a ela estaban os seus dous fillos, Pepe e Juan, as súas noras, netos bisnetos e sobriños, as súas coidadoras e tamén o presidente dos populares do Porriño, M. Alejandro Lorenzo, que celebrou con Carmen o seu aniversario e obsequiouna cun fermoso ramo de flores.

Tal e como relatan os seus fillos, Carmen é unha muller traballadora, con moitísimo carácter e unha loitadora incansable. Orixinaria da parroquia de Mosende, onde naceu un 12 de decembro de 1911, formou a súa familia xunto a José Iglesias Alonso e adicouse a ela toda a súa vida. Nesta data tan sinalada, quixeron demostrarlle como sempre o seu agradecemento polo seu agarimo, tesón e coidados.

“Ver a emoción nos ollos de Carmen ao ter a toda a súa xente reunida en torno a ela é algo impagable”, apuntou Lorenzo, “E unha verdadeira honra poder compartir momentos con persoas como Carmen que representan a esa xeración á que tanto temos que agradecer, os seus moitos valores, o seu arduo traballo durante moitos anos para construir o que hoxe temos e como foron quen de sair adiante con moito sacrificio e esforzo. Os nosos maiores son o noso ben máis preciado e poder disfrutar da súa compañía non ten prezo”.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>