Máis de 700 atletas déronse cita onte en Chenlo para disputar a fase provincial do Campionato Escolar de Campo a Través da que saíron os 8 clasificados individuais e 2 por equipos para a final que se celebrará a vindeira fin de semana en Ourense

Chenlo, 10 de febreiro de 2019.- A contorna do campo de fútbol de Chenlo acolleu onte a final provincial individual do Campionato Escolar de Campo a Través na categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.  Máis de setecentos deportistas de preto de 60 clubes, entidades deportivas e centros escolares da provincia de Pontevedra acudiron á parroquia porriñesa a buscar o pase ao campionato galego que se disputara o vindeiro sábado en Ourense.

O evento, organizado polo servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia en Vigo-Pontevedra conxuntamente coa Entidade Menor de Chenlo, presidida por Alejandro Lorenzo, e as Agrupacións deportivas escolares 14 e XOGA Deporte Escolar en Vigo, volvía a Chenlo a repetir o circuito da cita do ano 2013.

A choiva, o frío e o vento non foron óbice para que os pequenos grandes atletas deran o mellor de sí. Así, ás 10:45 horas daba comezo a cita deportiva coa proba de cadetes, que debían percorrer 1500 metros na categoría masculina e 1000 en feminina. Lograron as primeiras posicións Pedro Vázquez Bueno, do Real Club Celta de Atletismo (1º Posto), Sergio Souta Peña da SA Val Miñor (2º Posto) e Juan Núñez Asenjo do Real Club Celta de Atletismo (3º Posto). En feminino, Laura Carracedo Flores, do Club Atletismo A Estrada (1º Posto), Marcela Morrazo Rodríguez, da SA Trega (2º Posto) e Carmen Agulló Guió do Club San Miguel de Marín (3º Posto).

Nas idades infantís, disputáronse as dúas carreiras chegando á meta en primerio lugar Miguel Conde Piñeiro, do Ría de Arousa do Grove, en segundo lugar Oscar Costas Álvarez, do Comesaña Sporting Club, e en terceira posición Javier Acuña García do Comesaña Sporting Club. En feminino a primeira posición foi para Candela Sánchez Touza, do San Miguel de Marín, segunda para Lorena Patiño Villanueva do Pinariun de Marín, e terceira Marta Novo Dios, do Club Atletismo San Miguel de Marín.

Os alevíns percorreron unha distancia de 1600 metros, destacando nas disputadas probas como gañadores Alex Sierpes, do SA Trega de Tomiño (1º Posto), Martiño Salgado do Real Club Celta de Vigo (2º Posto) e Luis Álvarez, do CEIP Pedro Caselles de Tomiño (3º Posto).  As alevíns femininas completaron os 1200 m da proba, quedando en primeiro lugar Sabela Castelo López, do Atletismo Vila de Cangas, segunda Marta Basdeidos García, do Club Ciclista Corvelo de Sanxenxo, e terceira Catenina Vázquez Santas do Atletismo Tui.

Ás 13:00 h deuse a saída aos benxamíns masculinos e quince minutos máis tarde iniciouse a actuación da categoría feminina. Terminaron nos primeiros postos masculinos Pablo Barreiro Iglesias do Pinariun de Marín (1º Posto), Bisart León Caballal do Val Miñor (2º Posto) e Martín Otero Rosales do Pinariun (3º Posto). En feminino, Gabriela Bouzada Senra do Val Miñor (1º Posto), Irene Baldó Alonso do Comesaña Sporting Club (2º Posto) e Nihal Benjerada Chhtaoui do San Miguel de Marín (3º Posto).

A clasificación por equipos elaborarase e distribuirase ao longo da tarde de hoxe unha vez verifiquen os resultados os xuices da Federación Galega de Atletismo, que foron os encargados do control da proba.

Xa fora do programa, disputouse unha carreira participativa na que, aproveitando a infraestrutura deportiva, os deportistas que sobrepasan por idade a categoría cadete puideron disfrutar do circuito obtendo os primeiros postos José Antonio Burgos Rey, Cándido maculino e en feminno Nerea Rodríguez González (1º Posto), Susana Abad Lago (2º Posto) e Dolores Pérez Rodríguez (3º Posto).

Deporte nun marco incomparable

O presidente da Entidade Menor de Chenlo (O Porriño), Alejandro Lorenzo, participante activo en toda aproba amosouse satisfeito de comprobar que esta proba deportiva “ademais de promover hábitos de vida saudable entre os cativos contribúe a concienciar da importancia do coidado do medio e, como non, dar a coñecer a nosa riqueza paisaxística e a hospitalidade da poboación de Chenlo, que se amosa orgullosa do seu pasado e presente e sobre todo moi ilusionada co seu futuro”.

E é que esta era a segunda ocasión en que o cross provincial recaía nesta entidade porriñesa. “Volveuse aquí porque era como saldar unha débeda polo magnífico circuito deseñado e a familiar acollida que as xentes de Chenlo tiveron cara a iniciativa realizada no 20º3”, manifestou Eleuterio García, todo un referente na organización de probas deportivas e, dende hai uns meses, presidente da recén constituída Agrupación Deportiva Escolar creada para dar resposta fundamentalmente ás demandas da actividade física dos centros escolares de Vigo. “Efectivamente era unha demanda que a cidade de Vigo tivese unha agrupación escolar propia e así se decidiu creala con vida propia independente de calquera outra . A idea pareceume ilusionante e xunto a un equipo humano con moita experiencia e máis ilusión demos o paso de poñernos ao servizo fe os centros escolares vigueses para promocionar o deporte escolar dentro dos colexios con programas adaptados ás actuais demandas educativas que inciden na inclusión plena de todos os alumnos”.

“Cada  dia” , resaltou Eleuterio , “síntome máis satisfeito deste labor que vén reafirmar un vello lema que volvemos a poñer en primeiro lugar TODOS a PARTICIPAR co DEPORTE ESCOLAR. ” concluíu emocionado  Eleuterio García mais coñecido por ” Lute” para o mundo do deporte das primeiras idades .

Participaron de forma activa:

  • Servizo provincial de Deportes da Xunta de Galicia
  • Entidade Menor de Chenlo, O Porriño
  • Agrupación deportiva escolar 14
  • Agrupación Deportiva es Omar XOGA Dxte Escolar en VIGO.
  • Centro Cultural de Chenlo.
  • Cruz Roja Española .
  • BRILAT.
  • LARSA.
  • AGUA SANA.
  • Federación Galega de Atletismo.

López Cháves interesouse pola proba deportiva

O Delegado Territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ignacio López-Cháves, aproveitou a mañá para achegarse ata o circuito e vivir en primeira persoa o bo ambiente deportivo.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>