O Grupo de  Autoxestores de  Aceesca, en representación dos seus compañeiros, trasladou as súas demandas ao candidato popular á alcaldía, M. Alejandro Lorenzo

Tras escoitar activamente as súas propostas, e tomar nota delas,  Lorenzo comprometeuse a traballar sobre elas e elaborar unha proposta conxunta que contemple cada unha das súas demandas

O Porriño, 26 de xaneiro de 2019.–  O candidato á Alcaldía, M. Alejandro  Lorenzo, acompañado pola que fora concelleira de Benestar Social, Teresa Veloso, mantivo onte un encontro co Grupo de  Autoxestores de  Aceesca.

“Os integrantes do grupo, en representación do resto dos seus compañeiros, trasladáronnos as súas demandas nunha produtiva e ilusionante posta en común de propostas que xiraron dos seguintes eixos: plena participación nos procesos electorais, o acceso ao mundo laboral, o dereito a unha vida independente, a igualdade de oportunidades  e o respecto aos dereitos sexuais das persoas con discapacidade”, apuntou M. Alejandro.

Tras escoitar activamente as súas propostas, e tomar nota das mesmas, Alejandro  Lorenzo comprometeuse a traballar sobre elas  e elaborar unha proposta conxunta que contemple cada unha das súas demandas. Así, acordaron manter un segundo encontro no que presentar e dar forma xuntos ás iniciativas que irán plasmadas no compromiso dos populares cos porriñeses de cara á vindeira lexislatura.

Lorenzo, valorou moi positivamente a iniciativa de  Aceesca de tender a man os diferentes grupos políticos para facer chegar as súas propostas. “A mellor forma de traballar por eles é tendo en conta a súa voz e as súas opinións, dando pé a que poidan influír nas cuestións que lles afectan e sexan eles mesmos quenes nos guíen na defensa dos seus dereitos”, valorou  Lorenzo ao termo do encontro, “Temos un obxectivo común, a plena inclusión das persoas con discapacidade, e estamos aquí para traballar por iso da súa man”.

Grupo de  Autoxestores de  Aceesca

No ano 2011 créase o grupo de  autoxestores de  Aceesca, formado por usuarios do centro  e dúas persoas de apoio. Este grupo reúnese cada venres para tratar diferentes temas que lles interesan, sendo ademais os encargados de representar aos seus compañeiros dentro e fóra da Organización.

Este programa parte da consideración de que as persoas con discapacidade intelectual teñen o mesmo dereito que calquera outra persoa a guiar a súa vida, a opinar sobre aspectos relevantes para o seu desenvolvemento persoal e social: tomar decisións, defender os seus dereitos e obrigacións, participar na sociedade e ter, en definitiva, responsabilidade sobre as súas vidas.

36 anos contribuíndo a mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade

As instalacións de  Aceesca en Torneiros atenden cada día a decenas de persoas con discapacidade intelectual procedentes non só de Porriño, senón de moitos  concellos do sur da provincia.  Moitos deles pasan a xornada no centro educativo; outros no centro de día e os demais no centro ocupacional, onde adquiren unha formación dirixida á adquisición de destrezas e habilidades laborais a través de diversos talleres mediante os cales realizan traballos a entidades externas, por exemplo, Levantina,  Alonarti,  Fiotex ou a Xunta de Galicia para quen elabora os bonecos que se regalan a cada bebé que nace na nosa comunidade.

Por outra banda, a entidade desenvolve a súa actividade no   Aceesca  Emprego,  SL , o centro de emprego no que se dá unha saída profesional ás persoas con discapacidade intelectual como paso previo a unha posible inserción no mundo laboral, onde desenvolven traballos de xardinería, limpeza de instalacións ou apoio ao propio comedor do centro.

“A valor social desta entidade no Porriño e nos seus arredores é  inconmesurable, o seu traballo é impagable e é prioritario que desde o  Concello, como administración máis próxima, se colabore o máximo posible no bo funcionamento do centro”, concluíu M. Alejandro  Lorenzo.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>