Máis dun centenar de persoas arrouparon a autora, veciña de Chenlo, na presentación que se celebrou no Centro Cultural da Entidade

María Olga Alonso lánzase por primeira vez á publicación dun libro da man da editorial Círculo Rojo

Chenlo, 17 de decembro de 2018.- A autora novel María Olga Alonso Alonso presentou onte na Casa Cultural de Chenlo a súa opera prima “Los sueños rotos”, nun acto que contou coa asistencia de máis dun centenar de persoas entre familiares, amigos e todos aqueles interesados en non perderse o inicio da carreira literaria desta veciña de Chenlo.

Na presentación acompañouna M. Alejandro Lorenzo, Alcalde Pedáneo de Chenlo, e a súa compañeira, Sonia Freijeiro. Lorenzo abriu o acto adicando unhas emotivas palabras a autora, “hoxe estamos aquí para celebrar que se cumpre un soño”, destacou, “Chenlo é unha parroquia moi viva, de xente con moitas ganas que pisa forte no eido cultural. Somos, sen dúbida, berce de talentos, como Olga á que hoxe lle desexo moitísimos éxitos nesta etapa que emprende”.

A súa compañeira, Sonia Freijeiro, animou a todos os presentes a ler esta novela que “consigue atraparnos dende as primeiras palabras” e animou a Olga a seguir escribindo.

“Los sueños rotos”, un soño feito realidade

Mº Olga, Licenciada en Ciencias Químicas e aficionada a poesía e a novela, é profesora de matemáticas nun instituto de ensinanza secundaria. Pero, ¿quen dixo que hai que elexir entre números e letras? Olga decidiu non facelo e o resultado é “Los sueños rotos”, a súa primeira novela publicada e un sono feito realidade.

Ainda que non é a primeira vez que se atreve a desafiar os límites da ficción, xa que conta con varios traballos máis, a autora lánzase por primeira vez á publicación dun libro.

“Todo xurdiu dun xeito natural”, explicou a autora, “nun momento no que, polas circunstancias que se estaban a vivir a miña carreira profesional estaba en pausa, decidín escribir unha novela”. Deste xeito tan pragmático explicaba Olga como decidiu mergullarse no mundo da literatura de ficción “eu sempre tiven moitísima imaxinación, dende nena, e cando un é adulto aparca un pouco esa faceta. Pero aí está, e cando me lancei a escribir a miña novela recurrín a ela”.  Tal e como relatou a súa inspiración provén sempre dun impulso interno, sentarse frente a un teclado e deixarse levar.

As súas raíces ourensás levárona a ambientar a súa historia na raia, nun pequeno pobo da provincia de Ourense de onde era orixinario o seu pai. Alí nunha pequena aldea de O Irixo, preto da fronteira con Portugal, arranca o relato que nos conducirá a unha historia de amor que se desenvolve nun ambiente adverso. A obra é unha constante entre un presente e un pasado, enmarcada nun contexto histórico concreto, os anos da posguerra española, que fai de fío condutor. Un relato sempre en suspense que nos invita a seguir lendo para coñecer o desenlace.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>