Será o próximo sábado 13 de abril, ás 13:30 h., en Sanguiñeda

O Porriño, 5 de abril de 2018.- O presidente Mariano Rajoy arroupará en Mos a Ana Pastor no multitudinario xantar dos populares do Baixo Miño e Louriña. Así o anunciaron hoxe os candidatos e candidatas destas comarcas no acto de presentación que tivo lugar na sede dos populares porriñeses.

Será o vindeiro sábado día 13, ás 13:30 h. , en Sanguiñeda, Mos (aparcadoiro da discoteca Queen). Os interesados en asistir poden recoller a súa entrada nas sedes locais do PP no Porriño, Mos, Salceda, Tui, Oia, Tomiño, A Guarda ou O Rosa. O prezo do menú é de 15 euros por persoa.

Os candidatos e candidatas ás alcaldías da comarca- Alejandro Lorenzo polo Porriño, Nidia Arévalo por Mos, Santiago Rodríguez por Salceda, Roberto Carrero por A Guarda, Esteban González por Tomiño, María del Carmen Alonso polo Rosal, e Cristina Correa por Oia- aproveitaron a presentación para convidar aos simpatizantes e militantes a participar desta xornada.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>