A nefasta xestión da coalición PSOE-UDDL convertiu ao Porriño no concello de Galicia -con menos de 20.000 habitantes- coa maior débeda a provedores, tal e como publica o Ministerio de Facenda no informe executivo do Periodo Medio de Pago (PMP) das Entidades Locais

O Porriño, 13 de marzo de 2019.- O Concello do Porriño suma un novo liderazgo nos rankings menos favorables. Se o Goberno Municipal xa posicionara ao municipio como líder en falta de transparencia (índice Dyntra), suma agora o liderazgo no que a débeda a provedores se refire.

E é que, a nefasta xestión económica levada a cabo pola coalición PSOE-UDDL os últimos anos e a débeda de case 6 millóns de euros coa que lastran o porvir do municipio xa converteu ao Porriño, tal e como se publica na páxina oficial do Ministerio de Facenda, no concello da provincia de Pontevedra -de menos de 20.000 habitantes- coa maior débeda a provedores.

Non en balde, o Partido Popular solicitou a intervención do Consello de Contas a fin de fiscalizar a facturación do Consistorio tras detectar centos de provedores devoltas pola Alcaldesa e os seus concelleiros e retiradas da contabilidade municipal.

Así, e en contra do que afirma a Alcaldesa do Porriño,  a auditoría que levará a cabo mañá xoves o Consello de Contas da facturación do Concello parte non só dunha denuncia interposta por este grupo polas irregularidades detectadas na facturación incluída no recoñecemento extraxudicial de crédito aprobado no ano 2017 (que incluía facturas -de desbroces, limpeza viaria, enerxía eléctrica, obras, teléfonos móbiles ou recollida de lixo, entre outras- correspondentes aos anos 2015 e 2016 por importe de máis de 2 millóns de euros), senón por unha ampliación da mesma solicitada tamén por este mesmo grupo municipal.  Esta ampliación contemplaría a facturación correspondente aos anos 2017 e 2018 rexeitada polo Goberno Municipal que, hoxe en día, continúan sin ser abonadas nin figuran , na súa maior parte, na contabilidade municipal pese a ter sido rexistradas.

“O noso obxectivo é que se investiguen todas as facturas rexeitadas e pendentes de pago que a día de hoxe suman un montante total de 5.721.000 euros tal e como acredita a interventora municipal”, apuntou o concelleiro e presidente do PP local, Alejandro Lorenzo, “Unha vez máis, Eva García pretende poñer a venda antes da ferida, e responsabilizar ao PP dunha situación que nos mesmos denunciamos para frear o desastre económico no que está a sumir ao Concello e asegurar as empresas e autónomos que prestaron os seus servizos podan cobrar polo seu traballo, máis ainda cando en moitos casos contan cunha partida orzamentaria destinada a cubrir eses gastos. Minte, e o único certo é que os porriñeses e porriñesas tardaremos anos en recuperarnos do dano que se está a facer as arcas municipais, esto é algo que como pobo non nos merecemos”.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>