O Concello do Porriño presentou fora de prazo a documentación requerida

O Obradoiro `Porriño en Verde´ permitiría a vinte persoas en situación de desemprego traballar e formarse durante nove meses nas especialidades de carpintería e xardinería, acometendo traballos e melloras en parques infantís e xardíns do municipio

O Porriño, 27 de novembro de 2018.– O Goberno Municipal do Porriño ven de perder unha nova subvención da Xunta de Galicia por importe de 288.807 euros que permitiría dar emprego a 20 persoas.

Concretamente a outorgada polo ente autonómico para a posta en marcha do Obradoiro de Emprego `Porriño en verde´ que permitiría a vinte desempregados porriñeses traballar durante nove meses , ao tempo que se forman nas especialidades de carpintería e xardinería.

Unha vez máis, o Concello do Porriño pese a ter asignada a achega, non cumpliu os trámites precisos en prazo para poder dispor da mesma. De acordo co calendario fixado na convocatoria, o consistorio debía remitir a documentación requerida no prazo máximo e improrrogable de dez días hábiles partir do día seguinte a recibir o requerimento, que se emitiu o 17 de xullo de 2018. No mesmo, solicitábase unha certificación emitida polo secretario da titularidade de cada un dos obxectos de actuación que abarcaban os traballos (parques e xardíns do municipio), informe que foi presentado con data 3 de agosto de 2018, por tanto, fora de prazo. Ademais, no documento  non aparecían varios ámbitos de actuación que se incluían no proxecto e que pertencerían a Mancomunidades de Montes e non ao Concello do Porriño.

Outra vez queda queda entredito a nefasta xestión da coalición PSOE-UDDL en materia de emprego e formación, que desaproveitou numerosas axudas neste eido por importe de máis dun millón e medio de euros (pérdida de cursos AFD, contratos da Deputación, Inega…), non afecta só ás persoas desempregadas que poderían optar a estes traballos, senón ao Concello do Porriño que non contará con este persoal para desenvolver os traballos de xardinería e actuacions en parques e xardíns do municipio. En lugar de dispoñer deste persoal, e dar opción de traballo, continuarán a contratar estes servizos de maneira externa. “Como vimos alertando hai tempo, non é posible xustificar que se desaproveiten axudas que están concedidas mentres seguimos pagando cantidades desorbitadas para que empresas privadas desempeñen estes traballos”, sinala o concelleiro M. Alejandro Lorenzo.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>