O local adquirido pola Alcaldía continúa anunciado a día de hoxe nun coñecido portal inmobiliario ao prezo de 151.405 euros (587 euros/ m2) , menos da metade do montante abonado polo Concello

A elección de este local supondrá un desembolso de máis de 600.000 euros ao erario municipal ao sumar una partida de 261.800 euros destinados a adecuar e reformar as instalaciones

O Porriño, 23 de abril de 2019.- O Partido Popular do Porriño denunciou hoxe a arbitraria adquisición dun local comercial  -situado nos baixos do número 2 da rúa Xosé Fernández López – destinado á Aula  UNED por un importe de 276.342 euros.

“É inxustificable esta operación de compra cando nos consta que en Porriño existen outros locais que reunirían as condicións requiridas pola UNED, incluso o  Concello dispón de instalacións que poderían ser acondicionadas a tal fin”, expuxo o candidato dos populares á Alcaldía, Alejandro  Lorenzo, que criticou que “a un mes das eleccións Eva García pecha, de maneira totalmente arbitraria, unha operación de tesourería por un elevado importe sen dar opción ás inmobiliarias e particulares de Porriño a propoñer as súas ofertas”.

Lorenzo pide á rexedora que dea  “unha explicación convincente”á compra deste inmoble  e ao importe por que pechou a adquisición. E é que, o citado local continúa anunciado a día de hoxe nun coñecido portal inmobiliario ao prezo de 151.405 euros (587 euros/ m2) , menos da metade do montante pechado pola Alcaldía. Segundo informaron aos populares, este sería vendido hai pouco máis dun ano por 110.000 euros.“As explicacións son máis que necesarias, cara o resto da corporación e sobre todo, cara as veciñas e veciños do Porriño”, insiste Lorenzo, “Nós somos partidarios da apertura da Aula UNED no Porriño, dende o principio respaldamos en pleno a iniciativa e así o faremos sempre que se trate de dotar ao municipio das maiores ofertas educativas. Pero esta operación, ao noso entender, non responde ao interese da veciñanza senón a outros”.

Por outra banda, os populares cuestionan a idoneidade destas instalacións, ao non cumplir este as condicións requeridas pola UED , “requírese que conte polo menos cun aula con capacidade para 70 persoas. Como é posible que dende o Concello se xustifique a idoneidade deste local, que non cumple este requisito, por atoparse preto do Centro Cultural que conta cun auditorio que suple esa carencia?”, cuestiona Lorenzo.

A elección de este local, que como advertimos no reúne las condiciones exigidas por la UNED, supondrá un desembolso de más de 600.000 euros al erario municipal al sumar una partida de 261.800 euros destinados a adecuar y reformar las instalaciones. “Un desembolso para reforma ao que Eva García non se pode comprometer”, sentencia o candidato, “Por segundo ano consecutivo incumprirán a regla de gasto e adiantamos que este ano, a liquidación do 2018 devolverá un novo incumprimento por máis de 4 millóns de euros e o incumprimento do Plan Económico Financieiro que fará que este Concello poida ser intervido. A nefasta xestión económico financieira da coalición PSOE UDDL hipotecará o futuro do Porriño e lastrará a capacidade de goberno das próximas lexislaturas.  A corto prazo, esto significará que o Concello non poderá destinar ningunha partida ao non ser a Educación unha competencia municipal, e polo tanto, estamos ante un novo `brindis ao Sol´ dun Goberno Municipal que sabe da imposibilidade de cumprir os termos do convenio”.

Así, os populares advirten que solicitarán que se investigue este expediente de compra e agardan as explicacións públicas da Alcaldesa sobre esta operación.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>