Os populares esixen á Deputación de Pontevedra que proceda ao acondicionamento, mellora e correcto mantemento desta estrada e, urxen ao Goberno Municipal a que dunha vez por todas faga as xestións necesarias para dar solución a estes veciños

O presidente dos populares do Porriño, M. Alejandro Lorenzo, xunto ao deputado provincial Santiago Rodríguez Dávila, comprobou esta semana o estado de absoluto abandono e as consecuencias da falta de mantemento da estrada provincial que une Torneiros coa parroquia de Mosende.

“A maleza que invade as beirarrúas e a calzada, beirarrúas intransitables para os numerosos peóns que cada día transitan por elas, barreiras arquitectónicas que impiden o paso, pasos de peóns inaccesibles e unha iluminación deficiente e estropeada en moitos puntos evidencian a falta de atención do goberno provincial”, sinala Lorenzo, “pedimos tanto ao Concello como á Deputación que unan forzas para garantir que dunha vez por todas as estradas que unen as nosas parroquias sexan transitables para os veciños e veciñas”.

No mesmo sentido se postulou Santi Rodríguez “O goberno de Carmela Silva ven de asinar o contrato máis grande de privatización da historia da Deputación en infraestructuras, e o estado das estradas provinciais é o que vemos neste vial, abandono e inseguridade para os peóns”.
Dende o PP do Porriño solicitan, unha vez máis, que de maneira inmediata a Deputación provincial proceda ao acondicionamento, mellora e correcto mantemento desta estrada e, urxe ao Goberno Municipal a que “dunha vez por todas faga as xestións necesarias para dar solución a estes veciños”.

Asemade, e tras ter solicitado solucións a través dun rogo presentado polo grupo popular no pasado pleno da Deputación, presentarase por escrito a solicitude reclamando estas melloras.

 

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>