Os usuarios destas instalacións levan anos alertando das filtracións de auga que se producen cada vez que chove e dos desperfectos na sala de cardio, sen que o Goberno Municipal do Porriño tome ningunha medida ao respecto

Decenas de caldeiros recollen a auga que anega estas instalacións

O Porriño, 29 de novembro de 2018.–  O Partido Popular do Porriño faise eco novamente do malestar dos usuarios e usuarias das instalacións da Piscina Municipal. As deficiencias que presentan estas instalacións públicas utilizadas a diario por numerosos veciños que abonan unhas taxas mensuais polo seu uso veñen sendo denunciadas dende hai anos, sen que o Goberno Municipal tome medida algunha ao respecto.

Os bañistas levan tempo alertando das filtracións de auga que se producen cada vez que chove.

A cuberta do edificio presenta goteiras que inundan o interior, e en lugar de arranxarse, óptase por recoller a auga en numerosos caldeiros que ateigan estas instalacións deportivas. 

Se ben o estado destas infraestruturas empeora cada día, esto non é novo. Xa en outubro do 2016 usuarios rexistraron unha queixa no Concello do Porriño denunciando as deficiencias que presentaba a sala de cardio e as instalacións da piscina. Na actualidade, como se pode comprobar, a situación lonxe de resolverse empeorou considerablemente coas máquinas de exercizo vellas e averiadas, rotas e fora de servizo. Por aquel entón, os populares solicitaran en pleno que se solventase o problema a fin de dar un servizo aos usuarios e usuarias concorde ao que abonan cada mes, obtendo como resposta do concelleiro de Deportes que esta situación xa se estaba atendendo e resolvendo. A día de hoxe, empeorou.

A Piscina Municipal é un servizo público xestionado por unha empresa privada, que según tiñan informado se sacaría a licitación. Non só non se sacou, senón que a empresa que xestiona este servizo na actualidade non cobra dende marzo de 2017, e as facturación que presenta é rexeitada de xeito sistemático pola coalición PSOE-UDDL.

“A indignación dos usuarios destas instalacións está máis que xustificada, pois pagan por un servizo que non se está a prestar en condicións”, apunta M. Alejandro Lorenzo, “Resulta  ata vergoñento que teña deixado chegar a este punto o deterioro deste espazo. Dentro da piscina chove, literalmente, e debía ser xa unha prioridade para a coalición de goberno asegurar que estas instalacións que cada día usan decenas de veciños esté nas condicións adecuadas para o desenvolver a actividade deportiva”.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>