O Candidato á Alcaldía do PP, Alejandro Lorenzo, amosa o seu malestar porque non se solicitou a tempo o desconto

O Porriño, 7 de marzo de 2019.–  O candidato do PP á Alcaldía do Porriño, Alejandro Lorenzo, lamenta que as veciñas e veciños se vexan perxudicados pola “nula capacidade de xestión” do Concello, que non tramitou a tempo a solicitude da rebaixa do 10 % do canon de Sogama,  tal e como fixeron o 77 % dos municipios galegos adheridos a este modelo de tratamento de residuos sólidos urbanos.

Deste xeito, os veciños do Porriño non se beneficiarán dunha rebaixa do 10 % no pagamento do recibo de recollida de lixo correspondente á aportación a Sogama tal e como van facer os residentes en 229 municipios galegos que si optaron por acollerse a esta oportunidade ventaxosa que ofrece este ente público.

Sogama ofrecía ata o 25 de febreiro de 2019 a todos os concellos adheridos ao seu modelo de xestión do lixo a posibilidade de acollerse a esta rebaixa do 10 % de aplicación directa aos usuarios. O trámite a seguir era sinxelo e consistía en solicitar por escrito a Sogama a aplicación da bonificación referida antes desa data e asumir, por parte do Concello, o compromiso de trasladar dita bonificación ás persoas beneficiarias do servizo. Finalmente o Concello tíñase que comprometer tamén á adopción de medidas orientadas cara á reducción da producción de residuos e/ou o incremento e fomento da reciclaxe.

Ademais da publicación no DOG, a empresa pública remitiu cartas a todos os concellos adscritos ao seu sistema explicando a iniciativa, que se reforzaron posteriormente con correos electrónicos nos que se profundizaba na mesma.

Tendo en conta estas circunstancias, Lorenzo amosou o seu malestar pola “falta de reflexos” da alcaldesa, a socialista Eva García de la Torre, lamentando o seu alto custe tanto para o Concello como para os veciños.

Deixa o teu comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

You may use these HTML tags and attributes:

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>